martes, 2 de abril de 2019

ACTIVIDADES MARZO 3ºB

Dentro das actividades realizadas o pasado mes de marzo destacar as seguintes:

1-RUTA COSTA DE DEXO-SERANTES.
Realizaron unha ruta pola costa de Dexo-serantes ( Monumento natural pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats , a súa xeo-morfoloxía e paisaxe) e unha visita á Aula do Mar.



2-OS BOLECHAS E A RECICLAXE.
Actividade sobre a reciclaxe dos aparellos eléctricos e electrónicos- RAEE . O final da sesión entregáronlles de agasallo  distintos materiais: conto, caderno de actividades...



3-EXPOSICIÓN CADROS.
Actividade sobre distintos poemas de Manuel María do libro Soños na  gaiola , ilustrados por Leandro Lamas.



4-VISITA DOS MEMBROS DOS EQUIPOS DE BOAS PRÁCTICAS.
Recibimos a visita dos integrantes de Boas prácticas, para explicar cal era o funcionamento de Mediación, realizar actividades de relaxación ou facer unha encuesta sobre os xogos que botaban de menos no patio.A algúns deles resultáballes moi coñecida a clase.






Ningún comentario:

Publicar un comentario