martes, 16 de outubro de 2018

OS LIBROS ELEXIDOS PARA A LECTURA CONXUNTA PARA 3º A SON...

COMO FALAMOS NA REUNIÓN INICIAL TEDES QUE COMPRAR DOUS LIBROS PARA A LECURA CONXUNTA NA AULA.
O PRIMEIRO QUE TRABALLAREMOS SERÁ EN GALEGO :




 O SEGUINTE LIBRO SERÁ EN CASTELÁ:
 
CANTO ANTES OS TEÑAMOS NA AULA POIS ANTES EMPEZAREMOS... MOITAS GRAZAS E XA SABEDES QUE SE TEDES ALGUNHA DIFICULTADES POÑE´DEVOS EN CONTACTO COA TITORA.

luns, 15 de outubro de 2018

O xoves...

Este xoves temos o exame da matemáticas do tema 1 onde toooodos os contidos xa os coñecíamos.
Podedes levar as libretas a casa para repasar... 

Recordade que entran as operacións levando (repasade as restas); numeración ata o 999; problemas; euros; aproximaciones ás centenas; números ordinais. 

Ademáis contará a presentación e a escritura, que xa estamos en terceiro🙆🏽‍♀️🙆🏽‍♀️🙆🏽‍♀️🙆🏽‍♀️!

O estades facendo mooooi ben que estamos collendo ritmo de traballo! Ánimo que o esforzo recompensase sempre!

xoves, 11 de outubro de 2018

OS VOLCÁNS....

CREANDO VOLCÁNS PASAMOS PARTE DA MAÑÁ E COA ERUPCIÓN VOLVÍMOS TOL@S... 
UN EXPERIMENTO MOI CHULO E SINXELO QUE OS VOSOS NEN@S PODEN FACER EN CASA... COIDADO COA LAVA, QUE MANCHA!!! 😂😂😂




ESTA SEMANA... O RETO É DE MARÍA

XA SABEDES QUE NON HAI NADA MELLOR PARA O NOSO RAZONAMENTO QUE OS RETO... ESTA SEMANA A PROPOSTA FOI DE MARÍA...

MOITOS O RESOLVERON... ATREVÉDESVOS?




mércores, 3 de outubro de 2018

A SEMANA QUE VEN, TEMOS A PRIMEIRA PROBA DO TEMA 1 DE SOCIAIS...

Rematamos, por fin, o primeiro tema de Ciencias Sociais, así que a vindeira semana faremos o primeiro exame...

Os nenos e nenas poden levar a casa o libro e a libreta dunha maneira voluntaria para ler o tema e que despois non lles custe tando estudiar. Mañá empezaremos as tarefas de repaso e por suposto agora toca un pequeno esforzo na casa. Seguro que os resutados son moi bos, que xa somos uns expertos e expertas en astrofísica 😂😂😂😂

Podedes ver na aula virtual os diferentes recursos que traballamos na aula, así como a ficha de repaso onde ven os contidos que entrarán.

Déixovos o enlace: AULA VIRTUAL 3º