martes, 7 de maio de 2019

ACTIVIDADES MES ABRIL 3ºB

Foron moitas actividades realizadas este mes , entre elas destacar:

1 DE ABRIL DÍA DAS ARTES-LUÍS SEOANE.
Adicouse este ano a Luís Seoane, ademais de coñecer aspectos da súa vida e obra , realizaron un mural coas versións dos cadros: O bote, Mar picada  e Lúa , Tres soles en Galicia, Bodegón de xarra e prato e  A chambra  branca.



ACTIVIDADES DO CONCELLO    
   Dentro das actividades do concello  mencionar a primeira sesión de Educación Vial, a asistencia á obra de teatro Rubicundo no Auditorio de Mera  , ao contacontos Continentes nas Torres de Sta Cruz e unha charla sobre reciclaxe no cole. 



     

           
  CIENCIAS
Dentro dos temas de ciencias sociais  Vivimos en comunidades e Convivimos en sociedade realizaron entre outras :un traballo de grupo sobre as distintas localidades do concello de Oleiros,  unha arbore xenealóxica  e as nosas propias eleccións de delegado/a e subdelegado/a que incluía campaña, xornada e reconto  electoral .
Se ben dende principio de curso temos dous encargados/as que  van cambiando cada semana  con outras funcións distintas aos do delegado/a e subdelegado/a.  

        
Por outro lado para rematar o Tema das plantas  poideron comprobar como xermolaban en algodón empapado en auga  sementes , neste caso escollimos fabas e despois en terra como daba lugar a unha  nova planta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario