mércores, 3 de outubro de 2018

A SEMANA QUE VEN, TEMOS A PRIMEIRA PROBA DO TEMA 1 DE SOCIAIS...

Rematamos, por fin, o primeiro tema de Ciencias Sociais, así que a vindeira semana faremos o primeiro exame...

Os nenos e nenas poden levar a casa o libro e a libreta dunha maneira voluntaria para ler o tema e que despois non lles custe tando estudiar. Mañá empezaremos as tarefas de repaso e por suposto agora toca un pequeno esforzo na casa. Seguro que os resutados son moi bos, que xa somos uns expertos e expertas en astrofísica 😂😂😂😂

Podedes ver na aula virtual os diferentes recursos que traballamos na aula, así como a ficha de repaso onde ven os contidos que entrarán.

Déixovos o enlace: AULA VIRTUAL 3º

Ningún comentario:

Publicar un comentario